TRADUCTOR

PARROQUIAS

 
Estimados fregueses ,

Comezamos un ano cheo de novos proxectos e ilusións, e a miña esperanza, ó igual que a vosa, é de que todo saia ben. Levar a cabo un obxectivo supón superar os obstáculos que se van presentando no camiño, pero con esforzo e boa vontade faremos fronte as circunstancias que a realidade nos presenta.

Durante varios anos, fun adaptando a miña forma de traballo á realidade que foi xurdindo nas miñas parroquias. Todos os que queredes cultivar a vosa fe, atopástesvos con que na parroquia a cal pertencedes cada vez é moito menor a miña presenza, e a maioría de vós gustaríavos seguir as celebracións como antano.

Cada día somos menos curas para atender as 1.139 parroquias da Diocese de Lugo. Con isto quero dicir que a nosa presenza vai ir diminuíndo co paso do tempo, polo tanto, o traballo terá que ser repartido e compartido. Eu hoxe estou atendendo ós fregueses de 17  parroquias, pero sempre aberto o que se poda presentar nun futuro inmediato. O meu desexo e que todos teñades a posibilidade de seguir alimentando e cultivando a vosa fe.

O calendario que veño ofrecendo ó principio de cada ano, para informar das distintas celebracións e actividades, ten unha finalidade, cada un de vós pode saber onde, cando, e que fago nas distintas parroquias.

            Ser dunha parroquia ou outra é indiferente á hora de asistir a unha celebración da eucaristía, a oración do cristián debe ser compartida e comunitaria. O que se achega a participar noutra parroquia debe sentirse acollido coma na súa propia. No evanxeo dinos Xesús: “onde se reúnan dous ou máis no seu Nome, alí está El presente”.

 

Un saúdo

Julio Fernández Doval
 
POBOACIÓN DAS PARROQUIAS DO CENTRO INTERPARROQUIAL DE OURAL
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada