TRADUCTOR

viernes, 27 de junio de 2014

San Pedro e San Paulo


 San Pedro e San Paulo
A Igrexa celebra este domingo a solemnidade dos Santos Apóstolos Pedro e Pablo.
¿Cales eran os seus obxectivos?
 

Pedro: Debía ter os seus plans ao unirse ao Nazareno (Mt.19,27). Disposto a dar a vida por Xesús (Mc.14,31), seguiuno á casa de Caifás, para terminar negándoo… e chorando (Mc.14,66-72). Foi o primeiro na fe (Mt.16,16) e na negación. Porque todo o referente a Xesús, Pedro viviuno en profundidade. Non sabía estar á altura do Mestre (Mc.8,33), pero non sabía estar sen o Mestre (Xn.6,68-69). Pedro amaba apaixonadamente a Xesús, e Xesús amaba profundamente a Pedro. Por iso, o seu soño de Getsemaní afectoulle particularmente (Mc.14,87). Pero Xesús non lle retira a súa confianza, senón que lla reafirma. Non lle importan as caídas, senón o cumio (Xn.21-15,ss). Confioulle as chaves da Igrexa (Mt.16,19). Pedro tiña o necesario para ser o primeiro Papa: humanidade, amor a Xesús,… e debilidades.

Paulo: hebreo de orixe (Flp.3,5) e cidadán romano (Hch.16,37) foi captado por e para o evanxeo (1Cor.9,16;Ef.3,11,ss). Fascinado por Xesús (Flp.1,21) e pola súa Cruz (Gál-6,14). Perseguidor da Igrexa (Gál.1,13), apaixonado por ela (2Cor.11,28;Col1,24) e animador da súa fe (Rom.1,11,ss). Contemplativo (2Cor.12,2,ss) e viaxeiro (2Cor.11,26); místico (Gál.2,19-20) e teólogo (1Cor.12,1,ss). Forte ante as adversidades (Rom.8,35;2Cor.11,24,ss). Enérxico (2Cor.10,1-11) e tenro (2Cor.6,11-13); humilde (1Cor.15,8-10); Tradicional (1Cor.11,23,ss;15,3,ss) e creativo (Gál.5,1,ss;1Cor.,12-25); celoso da súa liberdade (Gál.2,4-5) e da liberdade cristiá (Gál.5,1,ss)… Así é Paulo: “un tesouro en vasos de barro” (2Cor.4,7).
 

viernes, 20 de junio de 2014

CORPUS CHRISTI


CANTEMOS AL AMOR DE LOS AMORES
 
   
 
 CORPUS CHRISTI
 
 
A Palabra de Deus, para a persoa de fe é moi importante, e debemos acollela porque é palabra feita vida, acción, compromiso e entrega incondicional en favor da humanidade.
Non hai entrega meirande ca da propia vida coa que Xesús respalda totalmente as súas palabras. A acollida á Palabra de Deus debe expresarse no compromiso de que "FAREMOS TODO O QUE DIXO XESÚS E OBEDECEREMOS", como moitos crentes fixeron ao longo da historia e o seguen a facendo.





 
https://drive.google.com/file/d/0B65TQjEv2_oWdGtZT1E5R2VaMWs/edit?usp=sharing

viernes, 13 de junio de 2014

SANTÍSIMA TRINIDADE

La Trinidad-Francisco Caro
 
Celebramos este domingo a festa da Trinidade, que nos recorda tantas veces o que dicimos e manifestamos:

"No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo"
 
Así comezamos as nosas tarefas, as nosas celebracións litúrxicas, con este xesto de Amor.
O próximo domingo na Eucaristía, neste encontró, invítasenos a dar grazas: a DeusPai, porque nos ama, cóidanos, vela por nós....; ao Fillo, que se entrega con amor, ata dar a súa vida...; e ao Espírito Santo, que nos dá esa Forza para amar e querer sen límites.
 
 
 
 

sábado, 7 de junio de 2014

PENTECOSTES



Pentecostés
El Greco, 1597-1600

 Celebramos este domingo a festa de PENTECOSTES (50 días despois de Pascua), o acontecemento, que marcou dunha forma definitiva a vida e o futuro dos discípulos de Xesús: a chegada do Espírito Santo, o cumprimento da promesa de Xesús.
Todas as cousas e acontecementos teñen o seu espírito: o espírito da lei, o espírito dunha persoa, o espírito dunha mensaxe...
Xesús regaloulles aos seus discípulos o máis auténtico, o máis íntimo, o máis esencial: o seu ESPÍRITO

domingo, 1 de junio de 2014

DÍA DA ASCENSIÓN

Vista panorámica dende Santa María de Pacios (O Incio)

O domingo 1 de Xuño, día da Ascensión, os cristiáns celebramos que Xesús encomendou aos seus discípulos ir polo mundo anunciando a BOA NOVA, para isto promételles o envío do Espírito Santo.